SITUACIÓN

Condomiña, Betanzos

Data
Category
Obras

Vivenda IM

A parcela presenta unha topografía de forte pendente así como a súa vía de acceso, antiguo Camiño Real que desce cara Betanzos. Esta vira perturbado o seu estado orixinal por unha grande intervención de movemento de terras, tendo sido utilizada como canteira e configurando un espazo horizontal rodeado de desmontes.

 

A proposta, axudada pola implantación da edificación proxectada, recupera a topografía natural do terreo, adecuando os volumes da nova vivenda a esta configuración. Buscamos a orientación Sureste no seu trazado, coincidente coas mellores vistas da cidade.

 

Para satisfacer a demanda programática e adaptarse ao solo existente disponible, a vivenda articúlase en dúas plantas. Establecemos a cota +88,00m para a súa implantación de xeito que permite un cómodo acceso á parcela dende a estrada e facilita a súa relación coa planta inferior. A planta alta comunica a casa co nivel superior da parcela.

 

O traballo dos espazos exteriores, as súas vistas cruzadas, a relación dentro-fóra, os panos de fondo, tratan de dotar de certa coherencia paisaxística á intervención.