Tras unha etapa de formación e colaboración con diferentes estudios de arquitectura, no 2010 iniciamos a nosa andanza baixo o nome de se(A)rquitectos, establecéndonos en Santiago de Compostela. Despois de case 15 anos de ilusión e traballo no exercicio da profesión, decidimos cambiar a nosa imaxe corporativa por ListeCambón Arquitectos que entendemos máis clara e directa.
Seguimos comprometidos coa nosa labor máis alá do hermetismo dun encargo. Cremos na arquitectura como ferramenta social, capaz de transformar a nosa forma de habitar o espazo e o modo en que nos relacionamos.
Proxectamos dende o lugar, porque nel radican as bases sobre as que establecerse, coas que dialogar para acadar un equilibrio coa funcionalidade. Tanto na rehabilitación como en obra de nova planta valoramos a integración, a simbiose coa paisaxe ou o entorno construido sen negar a contemporaneidade.
Traballamos por unha arquitectura honesta na que a solución final é o resultado da necesaria colaboración entre clientes, técnicos e oficios.