Hortas urbanas e edificación auxiliar

Pretendemos conseguir unha implantación adaptada ao terreo, que aproveite ao máximo a pendente coa orientación que nos ofrece, para acadar un soleamento adecuado e a protección do vento do norte (para abrigar os cultivos).

 

Realizamos unha intervención mínima que reconfigura a súa xeometría. Son os muros de cachotería os que definen o conxunto da actuación, delimitando os camiños de xabre, as plataformas e, éstas, as hortas.

 

A organización mediante bancais permite a agrupación ou división de parcelas, sendo as mesmas facilmente adaptables para persoas con mobilidade reducida mediante mesas de cultivo. Establecemos unha superficie de parcela tipo de aproximadamente 28m². Cunha trama de 7x4m e camiños de 1,5m.

 

A confluencia dos percorridos principais entre parcelas xera o espazo para a edificación auxiliar. É interesante dotar á actuación dun lugar de relación veciñal, un edificio de uso común cun espazo cuberto de convivencia.

 

A edificación é sostible nos materiais empregados e a súa disposición semisoterrada. Dáselle unha vital importancia á luz natural, que inunda o interior grazas aos grandes ocos de fachada e aos lucernarios da cuberta. Ésta é axardinada, empregando o terreo como illamento natural e formando “unha parcela máis”.

 

A vexetación xoga un papel fundamental na intervención, a cal, xunto cos muros de pedra, permite albergar unha gran diversidade biolóxica.

SITUACIÓN

PARQUE ADOLFO SUÁREZ – A CORUÑA

Data
Category
Obras