Unha acusada pendente caracteriza a parcela. A implantación da nova vivenda trata de adaptarse á súa topografía sen renunciar a aportar as mellores condicións de accesibilidade posibles.
Deste xeito a volumetría se resolve en dúas plantas. A inferior, en contacto co terreo, materialízase como o zócolo sobre o que se asenta a propia casa. Na planta alta resólvese o programa habitable demandado, de modo que o seu uso e acceso funcionan con independencia da planta baixa.
Unha das premisas do proxecto, quizais a máis importante, era inundar as estancias de luz natural. De modo que o ritmo das estacións e o paso do día vaian modificando a escea interior. Por iso, xérase un patio central que conecta ambas plantas e xunto a unha cuidada selección dos materiais, aporta unha boa iluminación a todos os espazos.
Con esta configuración, a vivenda presenta un alzado de dúas plantas cara á vía de acceso e o de unha vivenda en planta baixa no seu alzado posterior. É, pois, nesta parte onde se xeran as zonas de vida e estancia ao aire libre.
Créanse pequenos muros na parcela a modo de socalcos que permiten dotar o terreo de certa planeidade. Con suaves percorridos ascendentes, vanse enlazando coa topografía do terreo.