A vivenda rehabilitada forma parte dun conxunto edificatorio, hoxe en día en estado ruinoso, pertencente a unha gran parcela matriz que abranguía unha importante zona de explotación forestal xunto ao río Lérez. Enfrentámonos a unha construcción tradicional gravemente adulterada, con variadas patoloxías estructurais, mais cun potencial enorme e unha situación inmellorable nunha paisaxe rural típicamente galega.
A intervención debía conservar os volumes previos da vivenda mais cunha nova organización funcional, por tanto a demanda programática organízase en dúas das alturas da edificación a rehabilitar e no seu anexo tradicional.
O núcleo de comunicación vertical é entendido como un gran espazo a doble altura que relaciona a totalidade da vivienda. Aquí mistúranse a zona de día, cun carácter máis luminoso, público e aberta ao xardín, coa zona de noite, introvertida e vencellada á terra, ao tectónico.
O acceso principal prodúcese a través da planta superior, en contacto coa parcela, onde se sitúa a zona común de salón-comedor e os servizos asociados a éste. Constrúense tres pórticos de madeira laminada que fan desaparecer as particións e conseguen que a luz natural bañe o interior da vivenda.
Unha pel de madeira recobre a planta alta e se recuperan os muros tradicionais de pedra na planta baixa. A escolla e tratamento da súa envolvente faise dende a búsqueda da integración e respeto á paisaxe circundante.