SITUACIÓN

Banda do Río, Poio

Data
Category
Obras

Rehabilitación e ampliación de vivenda VAL

Uns antigos muros de pedra entre a maleza son a orixe desta vivenda. Reconstruíndo as súas trazas adaptadas á pendente do terreo recuperamos esta edificación en planta baixa. Trátase duns volúmes xerados por muros tradicionais de pedra e cuberta a dúas augas que é preciso conservar. Para completar o programa funcional requirido se anexa un novo con pel de madeira. 

A vivenda obxecto de rehabilitación está situada no lugar de Banda do Río, Poio – Pontevedra. O seu tratamento incide na procura da integración e do respecto pola paisaxe circundante. Manteranse os muros de pedra existentes tanto na edificación como na súa parcela.

O acceso principal á parcela e á casa prodúcese dende a cota máis alta, por onde discorre a fronte do camiño. A vivenda está organizada e se desenvolve na planta baixa, sendo o volume de ampliación o que alberga os espazos comúns da vivenda, cos dormitorios nos volumes rehabilitados, incidindo no sentido de refuxio para o descanso.

O entorno é clave. A vivenda se erixe entre carballos de bo porte xunto ao río, é un lugar de descanso en contacto coa natureza, no que o son da auga e os paxaros envolven o lugar. Neste contexto, a casa rexorde silenciosa, pétrea como as laxas do cauce, formando parte deste entorno que a caracteriza.