SITUACIÓN

Mozonte - Departamento de Nueva Segovia - Nicaragua

Data
Category
Proxectos

Centro Sociocultural de Mozonte

Propónse a construción dun importante centro autónomo que promova a autoxestión e desenvolvemento do pobo indíxena de Mozonte. Dada a dimensión do mismo e a súa proximidade a Ocotal convertiráse nun referente para a zona.

Enfrontámonos a un lugar na rexión centro-norte de Nicaragua, o departamento de Nueva Segovia, con relevo quebrado e lixeiras chairas. Imaxinamos os cerros cubertos de vexetación, os campos de millo, café e cacao.

O lugar ofrécenos as súas vistas cara os cerros, unha parcela inmersa na regularidade dos trazados impostos históricamente por antigos colonizadores, pero que a súa vez, ordenaron o territorio de maneira racional e sinxela. É unha terra heredeira da cultura indíxena; por iso é fundamental o afianzamento da súa identidade.

A propia construción do centro é en si mesma unha inmellorable oportunidade de aprendizaxe para os habitantes da rexión. Ademais mediante a participación da comunidade indíxena produciráse un sentimento de pertenenza e arraigo do propio centro no lugar e no imaxinario colectivo.

Buscamos unha linguaxe que responda á necesidade de construir un programa concreto sen impor unha tipoloxía edificatoria predeterminada, unha linguaxe que consolide a identidade do pobo indíxena.

Partimos dun pentagrama inicial definido por unha serie de muros técnicos no que as notas son os módulos funcionais básicos. Estes módulos combínanse entre eles xerando agrupacións e baleiros, silencios, para dar lugar á melodía final. Pódense engadir outras notas sempre mantendo as liñas e os espazos; así o proxecto manterá a súa identidade en calquera das súas fases e incluso con posteriores adicións.

Pártese dun sistema de unidades mínimas modulares, 5x10m, que mediante a agrupación e repetición xeran os espazos habitables, un todo cualitativamente diferente ao elemento primario. Non queremos presentar un edificio rematado senón unhas regras que ordenen e faciliten o proceso, unha solución extensible a todo o programa e adaptable a outros lugares.

Os módulos adósanse, sepáranse, xerando percorridos caracterizados por secuencias de espazos diferentes; atravesar estancias cubertas, saír ao exterior, descubrir un patio… espazos singulares ilimitados funcionalmente que deixan aberta a redefinición de usos segundo a necesidade.

 

PRIMEIRO PREMIO