– manter a esencia do lugar, respectando e dignificando as estruturas ferroviarias
– dotar a Entroncamento dunha imaxe global que destaque a escala rexional por unha movilidade sostible e pola variada oferta de servizos, equipamientos e zonas verdes
– propor unha trama de crecemento capaz de expandirse a outras partes da cidade; esta trama está pensada na dualidade espazo libre/espazo habitado
– conectar barrios entre si mediante a articulación de novas áreas integradas no tecido urbano
– ofrecer novas oportunidades de relación urbana liberando o ámbito proposto da súa introversión
– construír unha nova cidade dentro do bosque
– atraer novos residentes para establecerse no asentamento proposto, permitindo o acceso a vivendas facilmente transformables en contacto coa natureza
– xerar novos focos de vida para evitar a centralidade actual da estación
– aplicar un deseño urbano sostible e autosuficiente que incorpore a vexetación e o uso dos recursos existentes, é dicir, a reutilización e as enerxía renovables
– solucionar mediante unha nova xerarquía viaria o problema da Rúa Engenheiro Ferreira, mantendo o crecemento lineal pero liberándoa do confinamento actual para favorecer a súa transversalidade