SITUACIÓN

A Choupana - Santiago de Compostela

Data
Category
Obras

Rehabilitación e ampliación de vivenda unifamiliar VM

A edificación existente rehabilítase mantendo o seu carácter orixinal. Para iso, consérvase a súa fachada ao vial público, con leves modificacións que melloran a accesibilidade na fachada ao xardín. Restáurase o beiril existente e a estrutura da cuberta de madeira co obxectivo de preservar a súa imaxe histórica no tecido urbano.

A través da nosa intervención, a vivenda incrementa a súa altura interior ao eliminar o falso teito o que xera un espazo que se enriquece coa percepción das cerchas de madeira. Reorganízase a distribución interior creando unha estancia, centro neurálxico, dende o que acceder ao resto das estancias sen necesidade de corredores.

Para atender a nova demanda programática da vivenda, constrúese un novo volume en planta baixa que permita aumentar a superficie útil e establecer a zona de noite dos nenos. Este materialízase de forma diferenciada do resto da vivenda, destacando así o respecto pola vivenda orixinal.

En canto á parcela liberamos o patio-xardín enmarcándoo coa nova disposición en L da planta.